Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha axencia británica organiza un festival privado para 250 melómanos en Compostela
Unha axencia británica organiza un festival privado para 250 melómanos en Compostela
xuño 12, 2008
Entre o 12 e o 17 de xuño, Compostela acollerá un particular festival de música. Nove concertos en igrexas coma San Martiño Pinario ou a Colexiata do sar achegarán obras de autores coma Haydn, Vivaldi ou Xoán Montes. Pero o acceso a estes eventos estará restrinxido a 250 afeccionados á música que contrataron esta actividade coma parte do programa que organizou a axencia turística británica Martin Randall Travel, especializada en tours culturais.