Noticias
Máis de trinta músicos homenaxean ao mestre gaiteiro Ricardo Portela
Xénero:
| 11 / 7 / 2008O Teatro Principal de Pontevedra acolle hoxe ás 21 horas a presentación do disco Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre. O traballo consiste nun duplo CD con corenta e dous cortes musicais. Máis de trinta artistas do mundo da música tradicional renden homenaxe ao desparecido gaiteiro de Viascón no disco editado por Do Cumio grazas á iniciativa da Asociación Toque Pechado de Pontevedra, encabezada por Oscar Ibáñez. Os músicos reinterpretan o repertorio de Portela e engádense fragmentos de conversas con amigos e alumnos do gaiteiro de Viascón. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre. O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións de algúns participantes no disco como Álvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela.
Los Piratas reúnen todo o seu legado nunha caixa recompilatoria
Xénero:
| 11 / 7 / 2008Catro anos despois da súa desaparición como banda o grupo vigués Los Piratas volve estar de actualidade pola presentación esta semana dun recompilatorio. Co título de Disco Duro sae a venda unha caixa que reúne os seis discos oficiais do grupo nos seu doce anos de carreira ademais de outros materiais como fotografías, videoclips, maquetas e temas inéditos, textos xornalísticos e un documental sobre o grupo realizado polo guitarrista, Paco Serén, de máis de dúas horas no que descobre as interioridades do grupo dentro do estudio de gravación. Simultaneamente sae tamén unha edición reducida de Disco Duro cun CD e un DVD, nos que está unha selección das súas cancións máis coñecidas e os videoclips. Mentres a caixa está pensada para seguidores e coleccionistas a versión resumida aparece como alternativa a aqueles que queren ter unha visión panorámica da traxectoria do grupo.
Folclore para a verbena
Xénero:
| 10 / 7 / 2008Pasaron os tempos no que as actuacións de música e danza tradicional consistían nun grupo de rapaces e rapazas bailando nun palco a medio día. Nos últimos anos están a suceder propostas de colectivos folclóricos nos que a danza comparte espazo coa dramatización, os contos tradicionais e outros recursos escénicos, converténdose en auténticas alternativas aos concertos nas programacións de vilas e festas. De xeito semellante, grupos folk están a artellar propostas escénicas complexas que amosan outros xeitos de se achegar á música de raíz. Espectáculos coma O camiño, Esta noite hai unha fía ou Prestixio amosan as posibilidades do xénero.
O programa Danza 3 levará a música tradicional a 15 concellos
Xénero:
| 8 / 7 / 2008A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e mais a Asociación Xacarandaina presentaban esta mañá o programa de Danza 3. Quince localidades do país serán visitadas polos espectáculos incluídos nesta actividade. Prestixio, de Xacarandaina, Esta noite hai unha fía. X Aniversario do Fiadeiro e mais Na Algalia de Arriba dos composteláns Cantigas e Agarimos compoñen o programa. Nos tres casos trátase de espectáculos de grande formato que poñen sobre o escenario máis de medio cento de persoas e que recrean a música, o baile e diferentes aspectos da nosa sociedade tradicional.
Os eventos de recente creación marcan a axenda estival na música independente
Xénero:
| 8 / 7 / 2008Chega a época dos festivais. Por todos os recantos dos país, case a diario e especialmente nas fins de semana hai algunha oportunidade de gozar de música en directo. Hip-hop, folk, pop, rock... E díficil facer a elección. Para nos orientar un pouco no maremagnum de festivais e concertos, preguntámoslle a algúns dos máis recoñecidos críticos musicais do país, que nos elaboran cadansúa carta na que atopamos moitas propostas que foxen do máis habitual. Noel Feáns achéganos as citas que ten marcadas no calendario.
A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo
Xénero:
| 3 / 7 / 2008Se o curso comezaba con crise nos conservatorios galegos de música tradicional, semella que remata con boas novas para o sector. Así, a Dirección Xeral de Xuventude e mais a Vicepresidencia da Deputación de Lugo acordaban onte crear unha escola de música tradicional na Cidade da Muralla. O centro, destinado fundamentalmente aos máis novos estará dirixido pola Asociación de Gaiteiros Galegos. A nova chéganos poucos días despois de que se confirmase o comezo da actividade da E-Trad de Vigo. Coñece todas as cuestións sobre o ensino da música de raíz no noso dosier.
Os pequenos festivais reclaman a súa importancia no panorama do directo tradicional
Xénero:
| 2 / 7 / 2008Chega a época dos festivais. Por todos os recantos dos país, case a diario e especialmente nas fins de semana hai algunha oportunidade de gozar de música en directo. Hip-hop, folk, pop, rock... E díficil facer a elección. Para nos orientar un pouco no maremagnum de festivais e concertos, preguntámoslle a algúns dos máis recoñecidos críticos musicais do país, que nos elaboran cadansúa carta na que atopamos moitas propostas que foxen do máis habitual. Para comezar, Henrique Macías recoméndanos citas de raíz.
Peregrinar en clave de folk
Xénero:
| 1 / 7 / 2008Druida Danza, Mutenrohi, Daniel Bellón, Diego Maceiras, Rosa Cedrón ou Cristina Pato xuntos nun espectáculo. O Selo Zouma Récords ten este verán de xira o espectáculo O Camiño, un musical que, a partir da nosa música tradicional, afonda na peculiaridades e historias da Ruta Xacobea. Juan Carlos Fasero, responsable do proxecto, explícanos esta iniciativa, que visitará diferentes vilas do país no marco do programa Vai de camiño
Ponse en marcha E-Trad, a Escola de Música Tradicional de Vigo
Xénero:
| 27 / 6 / 2008Finalmente o curso quedou en branco. A paralización do traballo da Aula de Música Tradicional de Vigo pola súa transformación na nova E-Trad (Escola de Música Tradicional) deixou sen aulas os matriculados do curso 2007-2008. Agora preséntanse os horarios, prazos de matrícula e programas que estarán vixentes no novo centro a partir do vindeiro mes de outubro.
Multiplícanse os fallos e as convocatorias de certames musicais
Xénero:
| 26 / 6 / 2008Co comezo do verán multiplícanse os fallos de certames musicais. Deste xeito, a Asociación Cultural Negus, de Culleredo, daba a coñecer os gañadores do seu certame musical. Na categoría de grupos galegos foi Som do Galpom o conxunto seleccionado, mentres que a nivel estatal foi La Selva Sur. Os dous gañadores participarán na vindeira edición do Foundation Reagge Festival, que se celebrará en setembro. Pola súa banda, en Sada foron os grupos Shine, Grasa e Fainoti os gañadores do concurso Rock As Mariñas deste ano. Alén dun premio en metálico de 600 euros, os gañadores participarán no II Festival Rock As Mariñas, o vindeiro mes de agosto.