Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Multiplícanse os fallos e as convocatorias de certames musicais

A MúSICA QUE VIRá NO VERáN

Multiplícanse os fallos e as convocatorias de certames musicais

MISCELáNEA | xuño 26, 2008

imaxe non dispoñible

Co comezo do verán multiplícanse os fallos de certames musicais. Deste xeito, a Asociación Cultural Negus, de Culleredo, daba a coñecer os gañadores do seu certame musical. Na categoría de grupos galegos foi Som do Galpom o conxunto seleccionado, mentres que a nivel estatal foi La Selva Sur. Os dous gañadores participarán na vindeira edición do Foundation Reagge Festival, que se celebrará en setembro. Pola súa banda, en Sada foron os grupos Shine, Grasa e Fainoti os gañadores do concurso Rock As Mariñas deste ano. Alén dun premio en metálico de 600 euros, os gañadores participarán no II Festival Rock As Mariñas, o vindeiro mes de agosto.

De xeito paralelo, mantense aberto o prazo para moitos outros certames musicais, coma A polo Ghit! da Radio Galega e Vieiros, o Utopía Son, en Vigo ou o VI Premio de Maquetas da Universidade de Vigo. O Nsaio no Camiño, da Dirección Xeral de Xuventude ou o I Concurso de Rock da Deputación da Coruña, dotado con 3.000 euros son outras oportunidades para que os músicos do noso país se dean a coñecer.