Ir ao contido directamente.


Noticias

Vetiver abre a programación do Xacobeo Importa

Xénero: Folk | 2 / 12 / 2009

imaxe non dispoñible

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a actuación da banda folk Vetiver, que abre deste xeito o festival Xacobeo Importa. O grupo, que actuará acompañado de Fruit Bats, está considerado como un dos máis importantes do panorama indie folk internacional. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o festival programará ata o final de 2010 dez concertos de artistas do circuíto independente que nunca visitaron Galicia. Entre estes, está prevista presenza de Joan Baez no Centro Cultural Caixanova de Vigo o vindeiro 5 de marzo.

Musgafol reivindica a música académica para gaita

Xénero: Folk | 2 / 12 / 2009 + AUDIO

not_15904.jpg

O Teatro Principal de Pontevedra acolleo vindeiro 12 de decembro a segunda edición de Musgafol, o encontro de música académica galega para gaita de fol. A iniciativa reúne diferentes gaiteiros do país, coma Pedro Álvarez, Óscar Ibáñez ou Pedro Lamas, coa Banda de Música de Pontevedra para nunha edición dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita. O proxecto dábase a coñecer onte en Pontevedra, onde tamén se presentou o disco en directo que recolle as pezas que se interpretaron na edición do pasado ano.

Descarga ao vivo chega en formato CD-DVD

Xénero: Fusión | 1 / 12 / 2009 + VIDEO + IMAXES

not_15898.jpg

Aqueles que non puideron ver ao vivo este verán o proxecto de música galega e cubana Descarga ao vivo teñen a oportunidade de coñecer esta iniciativa en formato CD-DVD. O disco, editado por Falcatruada, recolle as actuacións en directo que se puideron ver no noso vai estar tamén dispoñible na rede mediante Spotify e iTunes. A presentación compleméntase coa jam session que se celebrará esta noite a partir das 22 no pub compostelán Dado-Dadá a cargo do trío cubano de Alejandro Vargas, máis convidados.

Un congreso repasa a historia recente da música galega

Xénero: Clásica/Lírica | 26 / 11 / 2009

imaxe non dispoñible

De Bal y Gay a Ángel Barja, pasando por Xoán Montes e Pascual Veiga. A música recente galega (do século XIX ata hoxe) é obxecto de estudo e análise nun congreso que comeza hoxe en Lugo. Baixo o nome Músicas galegas de Actualidade, o Museo de Lugo acolle esta cita organizada pola Deputación e a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) e que mestura concertos e relatorios de expertos.

Cantándolle ás estrelas

Xénero: Folk | 26 / 11 / 2009

estrelas.jpg

Este é o Ano Internacional da Astronomía. Unha efeméride que o Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC) e a Universidade de Vigo, xunto con outras entidades, non quixeron que pasara desapercibido entre os máis pequenos. Nesa obxectivo, acaban de presentar o proxecto doble Contos e coplas de estrelas. Dunha banda, a tradución ao galego do libro de Rosa María Ros que complia 14 contos de todo o mundo nos que as estrelas son as protagonistas (cada relato acompáñase dunha sinxela explicación científica). Da outar, un Coplas de Estrelas, un CD que recolle 10 coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros, as estrelas e o cosmos. Este último traballo inclúe un libreto coas letras das coplas e explicacións científicas sobre os temas das cancións.

aCentral Folque analizará o patrimonio musical de Vilaxoán

Xénero: Folk | 12 / 11 / 2009

imaxe non dispoñible

Aproveitar a cultura local, e máis concretamente, o patrimonio musical, de cara ao desenvolvemento local. Este é un dos obxectivos do estudo que está a facer un equipo de aCentral Folque en Vilaxoán. O historiador Ramom Pinheiro e o antropólogo Marcos Lorenzo son os responsables dun proxecto que está en marcha desde setembro e que pretende realizar un inventario completo encol da música e da cultura mariñeira desta vila arousá.

A formación sinfónica Vigo 430 presenta o seu primeiro disco

Xénero: Clásica/Lírica | 10 / 11 / 2009

not_15753.jpg

A Orquestra Vigo 430 edita o seu primeiro traballo discográfico con Vir, o selo de Ouvirmos dedicado a coproducir a novos creadores galegos. Creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430", coa premisa de formar un núcleo de corda de calidade para xa a partir do 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico. A Orquestra está formada na súa maioría por músicos profesionais baixo a dirección de Alejandro Garrido. Neste álbum de nome homónimo á formación a orquestra interpreta composicións de Johann Sebastian Bach, Antonio Vivaldi ou Dimitri Shostakovich, destacando especialmente a execución das pezas “Suite Negra Sombra” de Rosa Gayoso e “Concierto en estilo antigo” de Manuel Quiroga. Os seus programas de concerto reúnen música de diferentes épocas, autores e estilos, destacando o seu achegamento á música do século XVIII e XIX con criterios historicamente informados. Desta forma, a Orquestra adopta unha formación sinfónica, ou de cámara (un número máis reducido de instrumentistas que inclúe o Clavecín e a Tiorba para adecuarse mellor á interpretación da música barroca) . A orquestra atópase preparando xa o seu seguinte CD con obras de Haydn, Mozart e o compositor galego Andrés Gaos.

Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao

Xénero: Folk | 9 / 11 / 2009

imaxe non dispoñible

A Central Folque e mais o Concello de Pontevedra teñen aberto o prazo de inscrición para a VI Edición do DUF Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. O evento, que ten este ano o Brasil como país convidado, inclúe cursos de construción e interpretación destes instrumentos, conferencias, actividades para nenos e actuacións musicais. Entre outros, está prevista a presenza de Carlos Núñez, que falará sobre a súa experiencia brasileira, o intérprete brasileiro Marcos Suzano e conxuntos coma Bloquinho da Salgueira.

Pablo Devigo faise co premio Constantino Bellón

Xénero: Folk | 9 / 11 / 2009

imaxe non dispoñible

Por segundo ano consecutivo, o intéprete Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, fíxose co premio Constantino Bellón de Gaita, que celebrou esta fin de semana a súa XIX Edición. Devigo presentou as obras Preludio número un ou Xiana e Xota número dous ou Carral 1846. Canda a el, Miguel Doval González foi galardoado coa Gaita de Ouro polo seu traballo a prol da música tradicional, mentres o premio de composición para gaita levouno Jesús Rodil Rodríguez.

Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”

Xénero: Rock | 6 / 11 / 2009 + AUDIO

not_15727.jpg

Pasan do Pop? (2008) ao Rock(Capitan Furilo - Falcon Records, 2009) pero manteñen o formato da cea-baile para a presentación en sociedade dos seus traballos. O grupo de Ponteareas Capitán Furilo presenta este sábado o seu novo traballo ás 22 horas no Restaurante Cuevas, na parroquia de Bugarín, nun evento que reúne a gastronomía coa animación musical, a cea e a queimada serán complementadas cun concerto ao que seguirá unha sesión dj. O disco Rock foi gravado nos estudios Élite de Vigo baixo a produción de Tino Álvarez ( A-rritmic), e nel a banda ofrece once novos temas cargados da enerxía que ofrecen nos directos. É o primeiro disco “longo” do grupo despois da súa inicial maqueta Non hai problema (2007) e do mini CD Pop (2008).

<< Inicio / Anterior . 2761 a 2770 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR