Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Pablo Devigo faise co premio Constantino Bellón
Xénero:
| 9 / 11 / 2009Por segundo ano consecutivo, o intéprete Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, fíxose co premio Constantino Bellón de Gaita, que celebrou esta fin de semana a súa XIX Edición. Devigo presentou as obras Preludio número un ou Xiana e Xota número dous ou Carral 1846. Canda a el, Miguel Doval González foi galardoado coa Gaita de Ouro polo seu traballo a prol da música tradicional, mentres o premio de composición para gaita levouno Jesús Rodil Rodríguez.
Lugo acolle o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 21 / 10 / 2009A fin de semana entre o 30 de outubro e o 1 de novembro, a Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. No encontro, ademais das comunicacións dos participantes haberá conferencias sobre cuestións coma o Proxecto Ronsel, o patrimonio lúdico, a introdución dos máis novos no baile tradicional ou mesmo concertos didácticos. Segundo explica a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza o encontro, o congreso "pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos". O prazo de inscrición está aberto no web da AS-PG ata o vindeiro día 23.
Os soños de Fuxan
Xénero:
| 14 / 10 / 2009Un ano despois dos dous concertos que reuniron o grupo en Compostela, Fuxan os ventos tiran un novo disco. Terra de Soños recupera en formato Digibook (CD+DVD)os temas que soaron na capital galega. Mentres o CD achega vinte cancións, o DVD recolle, canda a un making of, a totalidade do directo, coa participación de convidados coma Guadi Galego, Ugia, Xavier Díaz ou Mercedes Peón. O proxecto, editado por BOA Music, está xa dispoñible en tendas de todo o Estado, quioscos e Internet. Os membros do grupo sinalaban que continuarán con esta xira cando menos ata 2010, e non descartan emprender novos proxectos no futuro.
Vigo celebra o XII Certame de Improvisación Oral
Xénero:
| 9 / 10 / 2009O Centro Cultural de Valadares organiza para esta fin de semana, entre o 10 e o 12 de outubro, a XII edición do seu Certame Internacional de Regueifas. O Verbum, Casa das Palabra acollerá actuacións de regueifeiros galegos, repentistas cubanos ou novos improvisadores, así coma de cantantes que empregan a retranca nas súas letras.
A Real Banda de Gaitas de Ourense viaxará por China difundindo a súa música
Xénero:
| 6 / 8 / 2009Caixanova e a Real Banda Escola Provincial de Gaitas de Ourense veñen de subscribir un convenio de colaboración que permitirá á agrupación ourensá difundir o coñecemento da gaita, como instrumento destacado do folclore galego, nunha serie de concertos que ten previsto realizar por diversas cidades de China. Na sinatura do convenio estiveron presentes o director da banda, Xosé Lois Foxo, e Amadeo Rodríguez Piñeiro, director de Relacións Institucionais de Caixanova en Ourense.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos