Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Os soños de Fuxan
Xénero:
| 14 / 10 / 2009Un ano despois dos dous concertos que reuniron o grupo en Compostela, Fuxan os ventos tiran un novo disco. Terra de Soños recupera en formato Digibook (CD+DVD)os temas que soaron na capital galega. Mentres o CD achega vinte cancións, o DVD recolle, canda a un making of, a totalidade do directo, coa participación de convidados coma Guadi Galego, Ugia, Xavier Díaz ou Mercedes Peón. O proxecto, editado por BOA Music, está xa dispoñible en tendas de todo o Estado, quioscos e Internet. Os membros do grupo sinalaban que continuarán con esta xira cando menos ata 2010, e non descartan emprender novos proxectos no futuro.
Vigo celebra o XII Certame de Improvisación Oral
Xénero:
| 9 / 10 / 2009O Centro Cultural de Valadares organiza para esta fin de semana, entre o 10 e o 12 de outubro, a XII edición do seu Certame Internacional de Regueifas. O Verbum, Casa das Palabra acollerá actuacións de regueifeiros galegos, repentistas cubanos ou novos improvisadores, así coma de cantantes que empregan a retranca nas súas letras.
A Real Banda de Gaitas de Ourense viaxará por China difundindo a súa música
Xénero:
| 6 / 8 / 2009Caixanova e a Real Banda Escola Provincial de Gaitas de Ourense veñen de subscribir un convenio de colaboración que permitirá á agrupación ourensá difundir o coñecemento da gaita, como instrumento destacado do folclore galego, nunha serie de concertos que ten previsto realizar por diversas cidades de China. Na sinatura do convenio estiveron presentes o director da banda, Xosé Lois Foxo, e Amadeo Rodríguez Piñeiro, director de Relacións Institucionais de Caixanova en Ourense.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos