Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Cos ollos nos cantares de cego
Xénero:
| 6 / 2 / 2012Non hai tantos anos a figura do cego a cantar os seus romances e historias de crimes e sucedidos era imprescindible en canta romaría houbese no noso país. Coa mudanza de costumes, perdeuse este oficio, e o singular repertorio vencellado a el quedou restrinxido á memoria popular e a uns poucos proxectos de investigación. Agora, varias iniciativas reivindican e actualizan este legado, ao tempo que a rede achega posibilidades inéditas de se achegar a el.
Falece Xosé Manuel Seivane
Xénero:
| 27 / 1 / 2012Un dos gaiteiros e fabricantes de instrumentos máis destacados de Galicia, Xosé Manuel Seivane, falecía esta mañá aos 90 anos de idade. Seivane foi o iniciador dunha saga de músicos e artesáns que se transformou en toda unha marca de calidade no mundo da gaita, e que ten continuidade no traballo dos seus fillos Álvaro e Xosé Manuel e mais no da súa neta, Susana Seivane. Co seu traballo Seivane contribuiu decisivamente á música galega traballando na unificación das palletas e na afinación da gaita.
O programa Danza 3 achegará música e baile tradicionais a nove vilas
Xénero:
| 25 / 1 / 2012Como veñen facendo desde hai preto de dez anos, a asociacions Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina, botan a andar unha nova edición do programa Danza 3. Co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Xacobeo, estes colectivos levarán cadanseu espectáculo de canto e danza tradicionais a nove vilas próximas aos camiños de Santiago.
A Central Folque crea un repositorio de obras sobre música tardicional
Xénero:
| 18 / 1 / 2012A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba, de Ramom Pinheiro e mais A Sanfona de Brocos, de José Luís do Pico son os dous primeiros títulos de Folque Commons. Este proxecto nace como un repositorio para investigacións encol da música tradicional da man de A Central Folque. Todos os traballos estarán dispoñibles para a libre descarga con licenza Copyleft, e está previsto no futuro facilitar servizos de edición á carta en papel dos contidos.
Chega o debut discográfico do cuarteto O Chupacabras
Xénero:
| 17 / 1 / 2012Hai xa dous anos que o cuarteto O Chupacabras gravaba, no teatro Pastor Díaz de Lugo os temas do que sería o seu primeiro disco. Agora, finalmente ve a luz Tradiphonias unha selección de dez temas gravados en falso directo na que a formación experimenta achegando os instrumentos tradicionais a ritmos pouco convencionais e versionando de xeito persoal temas clásicos da nosa música. Totalmente autoproducido, o traballo está xa dispoñible nas tendas.
SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
Xénero:
| 4 / 1 / 2012Críticos de música de 23 países de todo o continente europeo seleccionaron o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor de 2011. Así figura o traballo da galega na prestixiosa lista World Music Charts Europe, que xa recoñecera esta obra outorgándolle o seu primeiro posto durante dous meses consecutivos deste ano. Na mesma listaxe, Meu canto de Uxía ocupa o posto número 40. No comezo deste ano, Galicia renova a súa representación nesta escolma internacional coa entrada de Doa e a súa A fronda dos cervos no número vinte deste mes de xaneiro.
A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD
Xénero:
| 28 / 12 / 2011A celebrar 25 anos da súa existencia, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acaba de publicar Éxitos no mundo, un CD e DVD no que recolle unha selección de 30 temas. No mesmo pódense escoitar versións de melodías populares dos países que a formación visitou ao longo deste tempo, con cancións chinesas como Mo Li Hua, a exipcia Abd Al WahhÂ, Cantares de España, God Bless America ou a tonada australiana Waltzing Mathilda entre moitas outras. Canda a isto, a obra recolle melodías galegas e no DVD poden verse diferentes actuacións da formación desde os seus comezos. A obra está editada por Inquedanzas Sonoras e sae á venda por 16.95 euros.
Xacarandaina leva o premio IAR de Folclore
Xénero:
| 12 / 12 / 2011O Grupo de Bailes Populares IAR celebrou o pasado sábado na Coruña a súa gala folclórica, na que entregou o XX Premio IAR de Folclore Galego. O colectivo Xacarandaina foi o gañador desta edición, e viu recoñecido o seu traballo a prol da recuperación de pezas musicais da tradición popular. Os responsables do galardón sinalaron o amplo repertorio que logrou este colectivo ou a súa estensa colección de traxes populares, así como o traballo de formación e difusión da música de raíz.
Leilía pura
Xénero:
| 5 / 12 / 2011Xa está nas rúas o agardado novo disco de Leilía. Logo de seis anos de silencio o grupo de pandeireteiras volta con Consentimento (Fol Música), un álbum no que continúan a recuperación de melodías tradicionais que lles caracteriza pero no que a música queda máis espida que en anteriores traballos. O pasado xoves 1 de decembro presentaban o traballo na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela e facíano cun pequeno recital que agora che presentamos.
Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival
Xénero:
| 2 / 12 / 2011O público do Folkherbst Festival que se celebrou a finais do pasado mes de outubro en Alemaña, escolleu os galegos Anxo Lorenzo Trío como mellor grupo da última edición. O grupo deste gaiteiro actuou no evento o pasado 29 de outubro, conseguindo unha grande aceptación dos afeccionados no que é a principal cita de música folk en Alemaña. Nas votacións, os galegos impuxéronse á formación irlandesa Nua Caladh e aos checos Bezobratri. No próximo mes de xaneiro a banda voltará a este país para recibir o premio e ofertar un novo concerto en Plauen. O premio do xurado do festival foi para premio do xurado foi para os franceses Pad Prapad.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos