Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Novos xeitos para os vellos cantos
Xénero:
| 2 / 7 / 2012Nos últimos anos está a se verificar unha mudanza nas posibilidades de aprendizado da música e a danza tradicionais. De se concentrar en grupos de baile e se transmitir de xeito fundamentalmente oral, comezan a proliferar libros, discos, DVDs e combinacións destes soportes que facilitan o coñecemento de instrumentos, cantigas e bailes. A incorporación ás aulas de ensino da nosa tradición musical, un xeito máis lúdico de entender este legado e a iniciativa dos congresos de ensinantes de música tradicional son algúns dos factores que deron nesta proposta.
O Mar Maior de Luar na Lubre arrinca con fortes vendas
Xénero:
| 18 / 6 / 2012O último traballo de Luar na Lubre, Mar Maior, inicia o seu percurso cunha boas cifras de vendas. Na mesma semana do seu lanzamento, o pasado 5 de xuño, o disco acadaba situarse como o 31 disco máis vendido do Estado. O álbum que supón a estrea de Paula Rey como vocalista do grupo, está editado por Warner Music e inspírase no coñecido Libro das invasións que fala sobre os mitos e a historia antiga de Irlanda. Música medieval mestúrase coa tradición galego portuguesa e composicións propias neste proxecto.
O Festival de Ortigueira atrasa as súas datas
Xénero:
| 15 / 6 / 2012Coa intención de recuperar público universitario, logo da caída do pasado ano por coincidir con exames, o Festival de Ortigueira muda as súas datas. Será entre o 12 e o 15 de xullo cando a vila acolla este evento, que conta nesta xeira con bandas coma Oban pipe band (Escocia), Crema de gaita (Galicia), The Rua Macmillan band (Escocia), Electric céilí (Irlanda), Bagad Glazik Kemper (Bretaña), Stolen Notes (Andalucía), Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia), Blazin' fiddles (Irlanda) ou Jamie's Smith Mabon (Gales) entre outras.
Ampla participación galega no Intercéltico de Lorient
Xénero:
| 6 / 6 / 2012Xosé Manuel Budiño, As beiras do Ulla, Banda de Gaitas Dambara, Kerkennai e Quempallou participarán na 42ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará nesta cidade bretona entre o 3 e o 12 de agosto. Este ano, o Festival está dedicado á Acadia, un conxunto de comunidades francófonas da costa este de Canadá.
Os Cempés presentan Tentemozo
Xénero:
| 28 / 5 / 2012É un dos retornos máis agardados e anunciados desta temporada. Os Cempés presentan ás 19 horas de hoxe no pub compostelán Casa das Crechas Tentemozo. O novo álbum, gravado en colaboración cos alumnos da Escola Livre da MPG da Cenral Folque, conta con colaboracións como as de Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. O novo lanzamento continúa na liña musical dos catro traballos anteriores do grupo, con melodías bailables tradicionais ou compostas ao xeito tradicional. Como novidades, o disco presenta uns arranxos máis complexos en varios dos temas coa participación de 50 músicos.
Balakandra debuta no mercado discográfico
Xénero:
| 24 / 5 / 2012Logo de oito anos de traballo nos escenarios, Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina. A formación, que xordeu da man de varios dos membros do grupo Saraibas, estreará ao vivo este proxecto cun concerto no Auditorio de Narón o vindeiro 27 de maio. Ademais da edición física, o disco estará dispoñible para escoita no web do grupo.
Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk
Xénero:
| 18 / 5 / 2012O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite do pasado mércores 16 a gala dos XI Premios La Opinión de música folk. Uxía levou o galardón á mellor artista do ano, un premio no que tamén se recoñecen os seus vinte anos de traballo na música de raíz. Canda a ela, o grupo Doa viu galardoado o seu álbum A fonte dos cervos como mellor traballo do ano, mentres o tema Jumping Bits de Assembly Point foi recoñecido como mellor canción. Por vez primeira, os gañadores coñecéronse por vez primeira na gala, agás o premio Andaina Senlleira, que levou Fucxan os Ventos e que xa se coñecera con anterioridade.
Fuxan os ventos leva o V Premio Andaina Senlleira de La Opinión
Xénero:
| 20 / 4 / 2012A quinta edición do Premio Andaina Senlleira do xornal La Opinión recoñece a traxectoria de Fuxan os ventos. Segundo publica hoxe o xornal, a organización do galardón decidiu galardoar un traballlo que "vai alén do apartado estritamente musical" xa que "as letras das súas cancións nunca refugaron subliñar as problemáticas sociais e políticas existentes en Galicia". O grupo recollerá o premio na gala dos Premois Opinión de Música Folk, que se celebrará o vindeiro mes de maio. Precisamente en 2012 cúmprense 40 anos do nacemento deste grupo fundamental na historia da música tradicional do país.
A busca dunha tradición actual
Xénero:
| 12 / 4 / 2012Letras de Suso de Toro e de Antón Reixa. Toques africanos e brasileiros. Achegamentos ao rap, ao blues ou mesmo á electrónica. Sonche Atlántico supón a aposta máis experimental de Pancho Álvarez. O músico pasea polos ritmos das beiras do Atlántico ao longo de 12 temas nos que busca, segundo el, “reinterpretar a música da nosa tradición nos nosos días”. O álbum, editado por Fol, está dispoñible xa nas tendas e pódese ouvir e adquirir en diferentes plataformas dixitais, como Spotify.
Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou
Xénero:
| 2 / 4 / 2012O cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos