Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Guadi Galego aparece como favorita nos Premios Opinión
Xénero: | 13 / 3 / 2015
Cunha candidatura en cada unha das tres categorías do certame, Guadi Galego e o seu Lúas de agosto aparecen como favoritas nos Premios Opinión de Música de Raíz. A XIV edición destes galardóns amosa unha importante concentración de nomeados, xa que outros tres artistas compiten en cadansúas dúas categorías. Trim, o proxecto de Luís Peixoto e Fernando Barroso aspira aos premios a mellor tema orixinal e mellor disco, mentres Germán Díaz e o seu Método Cardiofónico e Magín Blanco con Gatuxo enfróntanse polo galardón a mellor artista e mellor disco. Precisamente é a primeira vez que un disco de música para os máis novos, como é o de Blanco, aparece na listaxe de candidatos á mellor obra do ano.
Coanhadeira dá os seus Bicos con luvas
Xénero: | 10 / 3 / 2015
O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación, o vindeiro 14 de marzo, do terceiro disco de Coanhadeira. Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding en Verkami, o grupo ourensán presenta Bicos con luvas, un proxecto que presenta cortes nos que o folk se mestura con toques de jazz. Batería, acordeón, bouzouki ou zanfona alíanse para artellar melodías complexas e sofisticadas que non abandonan a base tradicional. Gravado nos vigueses MuU! Estudios, o álbum Logo do concerto inaugural, a xira de presentación continuará por Ourense (Teatro Principal, 27 de marzo), Cangas (Salasón 5 de abril) e mais Vilar de Santos (A arca da Noe, 11 de abril)
Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses
Xénero: | 5 / 3 / 2015
O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollía onte a presentación do último lanzamento da discográfica Ouvirmos no marco da súa colección A Tiracolo. O libro-CD Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918 recolle en 188 páxinas a biografía desta histórica formación lucense da mana de Ramón González González. O disco inclúe ademais vinte temas entre os que se atopan os primeiros que se gravaron na provincia, en 1918. Entre eles, unha gravación tan importante como o primeiro rexistro sonoro do Himno Galego. O volume complétase cunha segunda xeira de gravacións realizada dez anos despois.
Pelepau convida ao ritmo de Fío e agulla
Xénero: | 27 / 2 / 2015
Trece temas nos que os ritmos tradicionais galegos atópanse con percusións doutros lugares do mundo. Esta é a proposta que fai o grupo vigués Pelepau no seu primeiro álbum, Fío e agulla. O conxunto de doce percusionistas, nado en 2010, lanza da man de Inquedanzas Sonoras esta proposta, na que amosa o seu bo facer a explorar novos terreos para os instrumentos de sempre. A Repichoca acolle na Coruña o vindeiro concerto de presentación do proxecto na noite do 27 de febreiro.
Lagharteiras leva o seu traballo de investigación ao disco
Xénero: | 11 / 2 / 2015
Logo de anos de traballo a recoller e interpretar pezas da nosa tradición musical, o grupo Lagharteiras compila parte deste traballo no seu primeiro álbum. Lagharteiras amosa pezas recollidas por este grupo de oito pandeireteiras coa dirección de Carlos Álvarez. O colectivo leva desde 2007 a traballar a prol da música e do vestiario tradicional e mantén a súa base no Concello de Mos.
O Fiadeiro convida a viaxar con José do Campo
Xénero: | 5 / 2 / 2015
Catorce temas a facer un percorrido por músicas de raíz, desde O Courel ata Nova Orleáns, compoñen o último lanzamento da Asociación Cultural o Fiadeiro, de Vigo. A viaxe de José do Campo convida a un percorrido musical na forma de conto nun libro CD realizado por Xavier Balsas e Rafa Crespo, con ilustracións de Xacobe Bobillo. Os temas están interpretados polo grupo de música O Fiadeiro e o álbum inclúe ademais letras de cantigas, partituras e propostas de actividades para desenvolver en aulas. Gravado en Chispún! Estudio, o álbum está coeditado polo Fiadeiro, Inquedanzas Sonoras e mais Ton e Son Editorial.
Estrelas do folk galego reúnense en Rústica
Xénero: | 3 / 2 / 2015
Da man de Cristina Pato, que buscaba un reencontro coa música do país cando cumpría quince anos de carreira, naceu Rústica. O disco que presenta agora Fol Música reúne a gaiteira e pianista con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña para interpretar cancións nos que a voz, a percusión, a gaita o acordeón e a zanfona toman o protagonismo. En total, o cuarteto gravou oito temas tradicionais, varios deles acompañados de letra de autor, nos estudios vigueses Ultrasónica. O disco sae á venda o vindeiro 10 de febreiro.
Lulavai presenta Lémbrame un soño
Xénero: | 2 / 2 / 2015
Catro despois do seu primeiro traballo, o cuarteto de arpas Lulavai acaba de presentar Lémbrame un soño, o seu novo proxecto. As catro antigas compoñentes da Orquestra Sondeseu atrévense coa composición no seu segundo traballo. Sete dos dez temas que se poden escoitar no disco naceron do maxín destas músicas, mentres os outros tres son temas populares. As arpas e as voces marcan a sonoridade do traballo, que se gravou nos Estudios Ancestral de Xustáns, Pontevedra, e que está á venda da man de Inquedanzas Sonoras.
Quempallou inicia a distribución dixital do seu último disco
Xénero: | 16 / 1 / 2015
O grupo folk Quempallou iniciou a distribución do seu quinto proxecto discográfico directamente nas plataformas dixitais. Vanse realizar catro entregas, cada unha con tres temas orixinais, e cada un deles chamarase Quarteirón. Ademáis, na futura publicación en CD incluiranse revisións dos temas, unha vez pasados polo tempo da interpretación en directo. No álbum de Quempallou altérnanse os temas orixinais con outros tradicionais do oriente galego.
Novos Aires da Terra
Xénero: | 8 / 1 / 2015
O pasado 15 de decembro facíanse cen anos da disolución do que está considerado como o primeiro coro tradicional galego. Aires da Terra, nado da man do boticario Perfecto Feijóo marcou un fito fundamental no desenvolvemento da nosa música de raíz e deu pé a múltiples formacións posteriores. A conmemorar este feito, o coro volta aos escenarios. Dúas iniciativas paralelas, da man de Pablo Carpintero e de Suso Vaamonde, recuperan esta formación e reivindican o seu legado.
novidades discográficas
Epifanía
Sheila Patricia
Repichoca
Tiruleque
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
REPORTAXE
A Biblia en gaita
Data.“O pentafol” recolle en seiscentas páxinas unha escolma única de partituras para gaita


