Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
Xénero:
| 13 / 5 / 2016Os Premios Opinión de Música de Raíz tiveron onte un dúo de gañadores claro. Pedro Lamas e Alberto Somoza, impulsores e coordinadores da Orquestra de Jazz de Galicia impuxéronse en dúas das tres categorías destes galadóns. En concreto, levaron o premio ao mellor artista e mais o de mellor disco por Fame, álbum de debut desta formación, que basea o seu repertorio na nosa tradición musical pasada por un filtro de jazz. Segundo explica Óscar Losada, crítico musical do xornal La Opinión na presentación dos finalistas "a presenza da orquestra de Jazz de Galicia cun proxecto baseado estritamente en música tradicional galega marca un punto de inflexión na nosa música. Guste máis ou menos estamos diante dun traballo histórico que foi quen de unir dous mundos que non tiñan demasiada convivencia e fixérono con moita soltura". Canda a eles, o mellor tema do ano foi Libre para voar, de Sérgio Tannus, que se inclúe no novo disco de Sonia Lebedynski,
Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música
Xénero:
| 15 / 3 / 2016O galardón honorífico que entrega cada ano a asociación Músicos ao Vivo no marcos dos Premios Martín Códax da Música foi nesta ocasión para o artesán, gaiteiro e mestre Antón Corral. Segundo explica a directiva desta entidade "Antón Corral representa un fito na historia da música popular galega, tanto polo seu incansable traballo de investigación nas melloras construtivas dos instrumentos, coma polo labor de dignificación e difusión do folclore, así como por ter formado a músicos e artesáns de altísima calidade e relevancia".
Retrouso volta con DOUs
Xénero:
| 9 / 3 / 2016"Un disco maduro, limpo, fresco e caleidoscópico". Así definen os membros de Retrouso o seu segundo disco. DOUs acaba de saír á luz cando o grupo fai dez anos do seu nacemento. Dez son tamén os membros actuais da formación, saída das clases de música da asociación A Fervenza de Ouzande. Gaitas, acordeóns e percusións atópanse nun traballo que, como o anterior, convida ao baile, pero no que explorarn tamén outros rexistros. En total son dez temas, dos que sete xorden da tradición e tres son composicións de diferentes músicos do país. Gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos, o traballo preséntase este 11 de marzo no Teatro Principal da Estrada.
O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar
Xénero:
| 4 / 3 / 2016É o único acordeonista folk galego que apostou por unha carreira en solitario. A apontoar esa traxectoria, Andrés Penabad acaba de presentar Bipolar, o seu segundo traballo. O disco recolle dez cortes nos que se mesturan composicións do propio Penabad, temas feitos por Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. O proxecto contou con colaboracións das cantareiras Lilaina e de Pablo Vergara, Ramón Dopico e Álvaro Trillo nas percusións. Un concerto este sábado ás 21 horas no Auditorio Municipal Cine Alovi marcará o comezo da xira de presentación, que o levará este mesmo domingo á Arzúa, onde o acordeonista actuará na Festa do Queixo contra as seis das tarde..
Donicelas presenta en xira o seu segundo traballo
Xénero:
| 3 / 3 / 2016Nado a partir dunha actividade escolar, o grupo Donicelas está a presentar o seu segundo traballo, homónimo, cunha xira por todo o país. O sexteto de Salceda de Caselas achega en Donicelas nove temas que gravaron nos Estudios Ancestral e para os que contaron con colaboracións como as de Uxía Senlle, Paulo Nogueira, Isaac Millán ou Miriam Lorenzo, así como as de antigos membros do grupo. Nos cortes mestúranse versións de temas populares con composicións propias que manteñen a liña de folk tradicional do grupo. O Porriño acolle este sábado 5 a vindeira parada da xira de presentación do proxecto.
Xabier Díaz entra na World Music Charts Europe co seu último disco
Xénero:
| 2 / 2 / 2016Directamente no cuarto posto. Así de forte entraron de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre co seu disco The Tambourine Man na World Music Charts Europe. Esta listaxe, que elaboran 48 xornalistas especializados en world music de 44 estados europeos recolle cada mes os mellores lanzamentos neste xénero a nivel continental. O traballo de Díaz leva vendidas xa máis de 3.000 copias nos catro meses que transcorreron desde o seu lanzamento, segundo informa Komunika Cultura.
Efraím Díaz reivindica o pito pastoral galego cun disco
Xénero:
| 22 / 1 / 2016O pisto pastoril galego, un tipo de frauta que se toca cunha dixitación similar á da gaita, está en pleno proceso de recuperación. Para afortalalo, acaban de ver a luz dous novos lanzamentos que teñen este esquecido instrumento como protagonista. Por unha banda, Efraím Díaz lanzou recentemente en Inquedanzas Sonoras o disco Pito galego, no que explora as súas posibilidades a interpretar 19 pezas, xa en solitario, xa acompañado doutros sons como os de gaitas, zanfonas, violíns ou guitarras. En paralelo a este traballo, Ouvirmos acaba de lanzar o libro Pito galego. Método práctico. Este traballo de Moisés Quintas fai un percorrido pola historia e variedades deste instrumento, a achegar técnicas para o dominar, melodías axeitadas ao mesmo e mesmo indicacións sobre como construír un.
aCentral Folque recupera a Adelino Pichel
Xénero:
| 30 / 12 / 2015Foi o último mestre do toque pechado da gaita de fol na Terra de Montes. aCentral Folque acaba de presentar Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei, un libro-CD que estuda e recupera esta figura do noso folclore e que sae á luz no seo da colección Chave Mestra. Un estudo de Juanjo Fernández percorre a biografía deste músico e transcribe e analiza boa parte do seu repertorio. Ademais, atende a outros importantes intépretes da zona, como foron Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo ou Jesús campos. O volume está acompañado dun CD no que se poden escoitar 33 pezas interpretadas polo propio Pichel, así como outras dúas inéditas de Castor Cachafeiro, membro dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, e de Jesús Campos.
O dúo BellónMaceiras presenta Ten 10
Xénero:
| 22 / 12 / 2015Dez temas para conmemorar os seus dez anos de traballo na música. Esta é a proposta que fan Daniel Bellón e Diego Maceiras en Ten 10, o seu terceiro traballo discográfico. O dúo BellónMaceiras aposta por afondar na fusión da nosa tradición con músicas do mundo, e mesturan temas galegos con cancións doutras latitudes e algún tema propio. No proxecto, contan con colaboracións como as de Juan Cabe, María Moiséeva, María López , Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo ou Oliver Wilson-Dickson. O álbum, autoeditado, pódese adquirir a través do web do dúo e presentouse o pasado 5 de decembro cun concerto en Fene, concello natal dos músicos.
Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi
Xénero:
| 1 / 12 / 2015Catorce novos temas compoñen Extramundi, o disco co que Luar na Lubre celebra os seus trinta anos de traballo. O grupo que lidera Bieito Romero aposta nesta ocasión por "un traballo que transcende do ámbito galego ou celto-atlántico e explora outras culturas desde unha óptica moi íntima e persoal". Así, o conxunto interpreta temas en seis idiomas, entre eles cancións en catalán, vasco ou o clásico da tradición castelá La Molinera. O álbum, editado por Warner Music, inclúe tamén pezas orixinais e adaptacións de temas galegos e sae á venda este catro de decembro. A xira de presentación comeza o vindeiro día 11 no Teatro Principal de Ourense e continuará o 8 de xaneiro en Vigo e o 9 na Coruña.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos