Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O dúo BellónMaceiras presenta Ten 10

A FORMACIóN CONMEMORA ASí DEZ ANOS DE TRABALLO NA MúSICA

O dúo BellónMaceiras presenta Ten 10

FOLK | decembro 22, 2015

ten_10_bellon_maceiras.jpg

Dez temas para conmemorar os seus dez anos de traballo na música. Esta é a proposta que fan Daniel Bellón e Diego Maceiras en Ten 10, o seu terceiro traballo discográfico. O dúo BellónMaceiras aposta por afondar na fusión da nosa tradición con músicas do mundo, e mesturan temas galegos con cancións doutras latitudes e algún tema propio. No proxecto, contan con colaboracións como as de
Juan Cabe, María Moiséeva, María López , Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo ou Oliver Wilson-Dickson. O álbum, autoeditado, pódese adquirir a través do web do dúo e presentouse o pasado 5 de decembro cun concerto en Fene, concello natal dos músicos.

datos do disco