Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Coral
Música Coral
O coro Cantares do Brión publica o seu primeiro disco de repertorio
Xénero:
| 28 / 5 / 2014O Coro Tradicional Cantares do Brión naceu en 2010 e recolle neste seu primeiro disco de título Arruídos o repertorio destes catro anos de actividade musical. Ademais de pezas tradicionais dos catálogos doutros coros máis veteranos como Aires da Terra, Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Coral De Ruada e Toxos e Froles Arruídos inclúe obras de nova creación, composición dos membros do coro Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director da agrupación, súas son as pezas Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María. Cantares do Brión está integrado na actualidade por 60 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo. O disco foi gravado no Centro Cultural de Vincios por Planta Sónica e mesturado en Planta Sónica.
A segunda edición de No Bico un cantar homenaxeará a Curros Enríquez
Xénero:
| 12 / 3 / 2014“O que se aprende cantando non se esquece máis” apuntaba Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura e director do concerto que Leva por título No bico un cantar. É a segunda edición deste proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellaría de Cultura e Vegalsa Eroski que consiste nun recital de 500 nenos de conservatorios e escolas de música para cantar poemas de Curros Enríquez con música de autores contemporáneos. “O éxito da iniciativa foi testado en 2013 e este ano terá outro formato” explicaba Ramón Villares, presidente do CCG, para referirse a este proxecto que xunta poesía, música e mocidade. A cita terá lugar o 6 de xuño en Celanova.
Compostela acolle o concerto infantil dedicado a Rosalía
Xénero:
| 7 / 6 / 2013No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía é o título da actividade que organizan para esta tarde o Consello da Cultura e mais a Consellaría de Cultura. A iniciativa consiste nun concerto no que 400 nenos e nenas de 8 a 12 anos pertencentes ao alumnado de centros de ensino musical interpretarán Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e baixo a dirección de Maximino Zumalave. Aínda que a actividade estaba prevista para se realizar na Praza da Quintana, finalmente será a igrexa de San Domingos de Bonaval a que acolla o evento a partir da 17:30 horas de hoxe.
Falece o compositor Francisco Rey Rivero
Xénero:
| 23 / 4 / 2012Considerado un dos principais impulsores do canto coral en Galicia, o compositor Francisco Rey Rivero falecía onte aos 83 anos de idade. No seu haber deixa o ter fundado agrupacións como a coral Casablanca, a Ureca ou a do Club Náutico de Vigo. Canda a isto, é autor dalgúns dos temas máis populares neste estilo, con temas como Perla antillana ou La sirena. O seu traballo valeulle premios como a medalla da Academia Galega de Belas Artes ou o premio Reconquista de Vigo, entre outros recoñecementos.
De Ruada vía exposición
Xénero:
| 17 / 9 / 2009Resumir 90 anos de intensa historia musical non é sinxelo. Ata o vindeiro 27 de setembro no Edificio Simeón de Ourense podemos ver un exemplo de como abordar este traballo. Da man da discográfica Ouvirmos a exposición Sete voces para a Coral De Ruada achéganos á historia desta histórica formación da música tradicional galega.
REPORTAXE

Operación can
Data.Unha trintena de colexios participan nun concurso musical para concienciar sobre o medio