Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Seminario Permanente de Jazz presenta dous novos discos e abre unha colección de carácter internacional
O Seminario Permanente de Jazz presenta dous novos discos e abre unha colección de carácter internacional
maio 10, 2007
Co disco “Jazz in Galiza Series, vol.1” o SPJ de Pontevedra abre a través do selo Freecode Jazz Records unha nova colección de discos que recollerá as actuacións dos grandes músicos internacionais que interveñen no ciclo de Jazz no Principal. Neste primeiro CD de Jazz in Galiza pódese escoitar a actuación de Paco Charlín e Abe Rábade, mestres do seminario, acompañando ao saxofonista John O´Gallagher e ao batería Jeff Williams. Membros do SPJ acompañados pola concelleira María Xesús López presentaron este disco así como “May´s idea” da Ten Jazz Men, primeira gravación dunha mini banda de dez músicos alumnos do seminario, os temas do disco teñen arranxos de Abe Rábade.
Máis información en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 11/ 6/ 2015 | O Seminario de Jazz de Pontevedra presenta o seu novo disco
- 27/ 5/ 2013 | Primeiro disco de Rafa Fernández Quinteto
- 8/ 5/ 2012 | Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz
- 11/ 2/ 2010 | Virxilio da Silva ponse á fronte dun quinteto e asina o traballo Odysseia
- 31/ 3/ 2009 | Editado o cuarto volume do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra