Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Virxilio da Silva ponse á fronte dun quinteto e asina o traballo Odysseia

O GUITARRISTA CONTOU CON MúSICOS ESTADOUNIDENSES E CO GALEGO XAN CAMPOS PARA A GRAVACIóN

Virxilio da Silva ponse á fronte dun quinteto e asina o traballo Odysseia

JAZZ/BLUES | febreiro 11, 2010

not_16295.jpg

Formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra o guitarrista Virxilio da Silva presenta o primeiro disco asinado baixo o seu nome con título Odysseia. Da Silva, que con vintecinco anos é unha das actuais promesas do jazz, lidera nesta gravación a un conxunto de músicos estadounidenses e galegos conformando un quinteto no que, ademais do guitarrista, participan Walter Smith III (saxo tenor), Derek Nievergelt (contrabaixo), Marcus Gilmore (batería), e Xan Campos (Fender Rhodes). O disco ofrece seis temas orixinais de Virxilio da Silva e dous arranxos de estándares do jazz, foi gravado o 19 de xullo de 2008 no Teatro Principal de Pontevedra e está editado polo selo Free Code JazzRecords, de Paco Charlín. Virxilio da Silva participa tamén de outros proxectos musicais nacidos ao abeiro do Seminario Permanente de Jazz como o S.O.S. Trío.

datos do disco