Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Editado o cuarto volume do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra
Editado o cuarto volume do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra
marzo 31, 2009
O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, xunto co Concello e o Pazo de Cultura desa cidade veñen de presentar a o novo traballo discográfico resultado dos concertos organizados polo SPJ. JAZZ LIVE! No Principal Vol.IV ( Free Code Jazz Records, 2009) recolle en pusoc máis dunha hora oito temas gravados ao vivo escollidos de entre as catro actuacións do ciclo “Jazz no Principal 2008”, en febreiro e marzo dese ano, nos que o SPJ-Group estivo acompañado polo vibrafonista malagueño Arturo Serra, o harmonicista Antonio Serrano, o trompetista valenciano Voro García e o saxofonista estadounidense Bobby Martínez. O pasado sábado 28 de marzo celebrouse o último concerto do ciclo do 2009 no que o SPJ Group estivo acompañado polo saxofonista cubano Román Filiú.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 6/ 2015 | O Jazz in Galiza Series presenta o seu segundo volume
- 11/ 6/ 2015 | O Seminario de Jazz de Pontevedra presenta o seu novo disco
- 9/ 3/ 2015 | Outro Felipe Villar Trío
- 27/ 5/ 2013 | Primeiro disco de Rafa Fernández Quinteto
- 8/ 5/ 2012 | Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz