Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Seminario Permanente de Jazz presenta dous novos discos e abre unha colección de carácter internacional

GALIZA IN JAZZ

O Seminario Permanente de Jazz presenta dous novos discos e abre unha colección de carácter internacional

JAZZ/BLUES | maio 10, 2007

not_9924.jpg

Co disco “Jazz in Galiza Series, vol.1” o SPJ de Pontevedra abre a través do selo Freecode Jazz Records unha nova colección de discos que recollerá as actuacións dos grandes músicos internacionais que interveñen no ciclo de Jazz no Principal. Neste primeiro CD de Jazz in Galiza pódese escoitar a actuación de Paco Charlín e Abe Rábade, mestres do seminario, acompañando ao saxofonista John O´Gallagher e ao batería Jeff Williams. Membros do SPJ acompañados pola concelleira María Xesús López presentaron este disco así como “May´s idea” da Ten Jazz Men, primeira gravación dunha mini banda de dez músicos alumnos do seminario, os temas do disco teñen arranxos de Abe Rábade.

Máis información en La Voz de Galicia

datos do disco