Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Chega o Festival de Contrabaixo, achégase o Vía Stellae e asoman as primeiras novas do Festival da Ópera
Chega o Festival de Contrabaixo, achégase o Vía Stellae e asoman as primeiras novas do Festival da Ópera
xullo 3, 2006
Compostela acolle desde hoxe mesmo o V Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher, unha cita que reúne algúns dos máis destacados especialistas internacionais deste instrumento, coma Wolfgang Harrer ou Ferrán Sala. Claro que para moitos este evento será só un aperitivo do Festival Vía Stellae, unha proposta que entre o 5 e o 25 deste mes achegará 43 concertos clásicos por todo o país. Nesta primeira edición, o Vía Stellae centrarase especialmente na música antiga e barroca. E, aínda que faltan uns meses, xa se coñecen os primeiros adiantos do vindeiro Festival da Ópera da Coruña. O amantes do xénero lírico poderán ver en setembro Norma, de Bellini, Carmen, de Bizet e mais Bastián e Bastiana, de Mozart. Dous concertos completarán o programa deste evento.
Máis información en Galicia Hoxe Compostela Cultura e enEl Correo Gallego
Tamén che pode interesar:
- 28/ 5/ 2015 | O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
- 26/ 8/ 2013 | A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao
- 28/ 6/ 2013 | O Festival de Ópera estreará Tristán e Isolda
- 27/ 6/ 2012 | O LX Festival da Ópera da Coruña chega cun orzamento reducido
- 25/ 6/ 2012 | O festival Via Stellae volta con vinte concertos