O LX Festival da Ópera da Coruña chega cun orzamento reducido
xuño 27, 2012
Malia as reducións orzamentarias, o Festival da Ópera da Coruña chega este mes de agosto á súa LX edición. Unha actuación de Celso Albelo e Irina Lungu coa Orquestra Sinfónica de Galicia o vindeiro 29 de agosto abre un programa no que destacan nomes como o de Leo Nucci, que interpretará Nabucco de Verdi en versión concerto. Daniel Oren e Keri Lynn Wilson, Florenza Cedolins e Tito Beltrán son outros dos convidados. A mezzosoprano Elina Garanca participará o 5 de outubro na gala do sesenta aniversario do festival, canda a Sinfónica de Galicia.
La Opinión recolle hoxe declaracións de César Wonemburger, director artístico do evento, nas que denuncia que a achega estatal ao evento diminuíu un 55% nos últimos catro anos.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 6/ 2014 | A Coruña presenta a súa nova Temporada Lírica
- 26/ 8/ 2013 | A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao
- 28/ 8/ 2009 | I Puritani dálle inicio ao LVII Festival de Ópera da Coruña
- 23/ 8/ 2007 | O Festival de Ópera da Coruña chega á súa 55 edición
- 26/ 7/ 2007 | O LV Festival de Ópera da Coruña contará no ano 2008 coa participación e financiamento da Xunta