Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O LV Festival de Ópera da Coruña contará no ano 2008 coa participación e financiamento da Xunta

ORGANIZANDO A óPERA DO 2008

O LV Festival de Ópera da Coruña contará no ano 2008 coa participación e financiamento da Xunta

CLáSICA/LíRICA | xullo 26, 2007

imaxe non dispoñible

O 55 festival de Ópera da Coruña contará para a súa organización co departamento de cultura da Xunta. O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio de colaboración entre a Consellaría de Cultura e Deporte e o Consorcio para a Promoción da Música, organismo xestor da actividade musical promovida desde o Concello da Coruña. O convenio contempla a realización conxunta entre o Consorcio e a Consellaría deste evento e o financiamento po parte da Xunta cun importe de 240.000 euros. O prazo previsto para o desenvolvemento e a realización do proxecto estenderase ata novembro. O programa 55 Festival da Ópera será realizado por un equipo de profesionais e dirixido polo Consorcio, baixo as ordes do director do Festival, que actuará como representante do Consorcio e interlocutor fronte á Consellaría.