Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao

A ENTIDADE ULTIMA O LXI FESTIVAL DE ÓPERA QUE ARRINCA O 5 DE SETEMBRO

A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao

CLáSICA/LíRICA | agosto 26, 2013

imaxe non dispoñible

Inmersos na preparación do LXI festival de Ópera da Coruña, a asociación que o promove conta con outra boa noticia, a primeira produción propia da súa historia estará presente na temporada de abono en Bilbao. Trátase de I Puritani, unha montaxe que estrearon en 2009 e que pode que chegue tamén a outros teatros europeos, como o Reggio de Turín. Por outra banda, a entidade ultima a celebración dunha nova edición do seu festival de ópera. O encontro arrincará cunha proxección, sendo as óperas Lucia di Lammermoor e Tristán e Isolda (en versión de concerto) as grandes apostas deste ano.