CELEBRA RECITAIS, PROXECCIóNS E CONFERENCIAS ENTRE O 5 E O 10 DE MAIO
A Semana da Ópera encherá de lírica Compostela
maio 2, 2014
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago en colaboración coa Consellaría de Cultura presentaban o pasado día 30 a nova edición da Semana da Ópera. Compostela acollerá entre os días 5 e 10 de maio dous recitais con figuras como as sopranos María Ruíz e Mercedes Hernández ou o tenor Felix Rienth, entre outros. Dúas conferencias e mais unha proxección de La Bohéme de Puccini en Cinesa As Cancelas completan o programa desta edición.