O festival Via Stellae volta con vinte concertos
xuño 25, 2012
A música antiga e barroca mestúranse con propostas contemporáneas na VII edición do festival Vía Stellae, que se presentaba esta mañá en Compostela. O encontro, que se celebrará entre o 2 e o 13 de xullo, inclúe vinte actuacións, como as seis sonatas para violoncello de Bach, un monográfico sobre Barbara Strozzi ou a versión orquestral da ópera barroca Rodelinda, regina de’Longobardi, de Haendel. Canda a isto, poderá coñecerse o traballo de Ross Daly, quen mestura música antiga e world music, ou o programa Las idas y las vueltas, que reúne a Fahmi Alqhai e a súa Accademia del Piacer co cantaor flamenco Arcángel.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 4/ 2016 | O Ciclo de música relixiosa de Barcia de Mera contará con 8 concertos
- 28/ 5/ 2015 | O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
- 4/ 6/ 2014 | O Vía Stellae acollerá 23 concertos na súa novena edición
- 3/ 2/ 2009 | O Vía Stellae celebrará unha edición de transición cos ollos postos no Ano Xacobeo
- 6/ 5/ 2008 | O Vía Stellae incorpora a música dos creadores galegos contemporáneos