Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Vía Stellae incorpora a música dos creadores galegos contemporáneos

ESTRELAS DO CAMIñO

O Vía Stellae incorpora a música dos creadores galegos contemporáneos

CLáSICA/LíRICA | maio 6, 2008

imaxe non dispoñible

A Xunta está a preparar o camiño para o vindeiro 2010. Ademais dos programas para mellorar a oferta hostaleira ou o patrimonio das rutas de peregrinación, o Festival de música de Compostela e os seus Camiños reforza a calidade nesta edición. En primeiro lugar, na nómina de artistas que, ao listado de directores como Mac Minkowski ou Rinaldo Alessandrini presentes xa na segunda edición, se lle engaden outros como Martin Gester, Daniel Harding ou Federico María Sardellini. En segundo lugar, porque os selos discográficos Naïve e Decca gravarán algúns dos concertos programados. E en terceiro lugar, porque se crea o ciclo “Vía Stellae 20/21” que achega a música destes dous séculos e incorpora creadores contemporáneos galegos. En total 85 concertos, dos que o 90% serán de balde (previa retirada de invitación) sucederanse entre o 4 e o 23 de xullo por toda Galicia. Sen embargo, o barroco e en especial a música de Bach seguirán sendo os fíos conductores deste certame.