Simone Kermes inaugura o festival de música Vía Stellae
xullo 2, 2007
O festival de Música de Compostela abre mañá a súa segunda edición con Simone Kermes. A soprano alemá repite outra vez neste programa que malia nacer como evento de música antiga e barroca, amplía xa a súa variedade incorporando case todos os xéneros. Ata o 26 de xullo, o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal, Salón Teatro e as igrexas de Bonaval e da Universidade serán algúns dos escenarios deste festival que se achegará a trinta e tres concellos das oito rutas xacobeas.
Máis información en La Voz de Galicia, no web do Festival e na nosa hemeroteca
Tamén che pode interesar:
- 28/ 5/ 2015 | O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
- 25/ 6/ 2012 | O festival Via Stellae volta con vinte concertos
- 2/ 4/ 2008 | O Festival Cidade de Lugo chega á sua XXXVI Edición
- 12/ 4/ 2007 | O festival de música “Via stellae” chega á segunda edición duplicando o número de concertos
- 3/ 7/ 2006 | Chega o Festival de Contrabaixo, achégase o Vía Stellae e asoman as primeiras novas do Festival da Ópera