Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Cidade de Lugo chega á sua XXXVI Edición

TRINTA E SEIS CIDADES DE LUGO

O Festival Cidade de Lugo chega á sua XXXVI Edición

CLáSICA/LíRICA | abril 2, 2008

imaxe non dispoñible

Desde o vindeiro doce de abril ata o mes de xuño, a Cidade da Muralla acolle o XXXVI Festival Cidade de Lugo de Música Clásica. Este evento, considerado unha referencia nivel estatal, acollerá nesta ocación dezaoito concertos da man de artistas de renome internacional. A Real Filharmonía de Galicia, Ensemble S21, o tenor Mark Padmore, a vila de Tilmann Kircher ou a soprano Simone Kermes son algúns dos intérpretes que participarán no evento.