Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio
O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio
xaneiro 17, 2006
A piques de cumprir trinta anos dentro do panorama da música popular, A Roda presenta o último proxecto da formación e que suporá o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título “A roda alalá adorA”, xúntanse doce temas que van desde a música folk-instrumental, ata a máis característica canción tradicional, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso. Baixo o seu título palindrómico o disco encerra unha filosofía especular que mantén nos seus textos entre os que hai un poema do escritor Gonzalo Navaza. Coa incorporación no repertorio do grupo de temas instrumentais A Roda fai deste traballo un punto de inflexión na súa longa traxectoria.
Tamén che pode interesar:
- 19/ 12/ 2017 | A Roda celebra 40 anos co seu primeiro disco ao vivo
- 8/ 5/ 2014 | A Roda marca un punto de inflexión co seu novo disco
- 15/ 5/ 2008 | Xarín volven á actualidade discográfica oito anos despois do primeiro disco
- 15/ 5/ 2006 | S.O.S. Trío pon na rúa o seu primeiro traballo discográfico “106 underground st.”