Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xarín volven á actualidade discográfica oito anos despois do primeiro disco
Xarín volven á actualidade discográfica oito anos despois do primeiro disco
maio 15, 2008
Despois de máis de 8 anos de silencio discográfico a formación de gaiteiros das terras bravas do Incio, Xarín, presentan o seu segundo traballo discográfico “Galaguech”. Unha ducia de temas que beben da máis pura tradición musical do seu entorno conforman este disco, que axeitadamente toma o nome dunha voz usada na Pobra de Brollón para mandarlles beber ás vacas. Malia o seu marcado carácter tradicionalista nove das pezas son composicións dos membros da banda e só tres pertencen ao repertorio popular. Xarín demostran así a súa habelencia na composición creando pezas que engaden ao sabor tradicional a frescura da súa contemporaneidade. Como xa pasara no primeiro disco, o sexteto segue amosando a alma máis alegre da festa galega en todo o seu esplendor. O disco está editado por Zouma Records e foi gravado nos estudios Desfase Sound de Ourense.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 10/ 2008 | O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario
- 26/ 4/ 2007 | Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco
- 6/ 6/ 2006 | Dez anos despois do seu anterior álbum Magin Blanco saca novo disco
- 30/ 5/ 2006 | A discográfica Ouvirmos estrea co primeiro disco de Galegoz un selo dedicado a novos creadores
- 10/ 10/ 2000 | Primeiro disco no mercado do grupo Xarín, gaiteiros do Incio