Primeiro disco no mercado do grupo Xarín, gaiteiros do Incio
outubro 10, 2000
Os gaiteiros do Incio son a festa en si mesmos. Nados nas "terras bravas" do Incio, no sur da provincia de Lugo, no 1985, o seu repertorio é un percorrido pola extensa e variada música tradicional, facendo especial mención a aquela vinculada coas terras das que proveñen: o Incio e o Caurel. O seu primeiro disco "Xarín. Gaiteiros do Incio" é froito da xuntanza coa distribuidora Zouma P.A. O disco foi gravado nos estudios Areamaster de Vigo en Abril de 1999 e na "Casa de Tolos" de Mañufre-Gondomar en Xullo de 1999. O disco contén doce temas de todos os estilos da música tradicional, pero con especial predilección por aqueles que se tocaban antigamente nas festas da zona á hora de comezar o baile agarrado. Desde os seus comezos o grupo foi evolucionando desde unha formación autodidacta ate un traballo serio de cultivo de música tradicional, da que partiron para chegar a amosar arranxos musicais cun son refrescante que tenta revivir "a auténtica festa galega, onde a música e o baile foron e serán a mesma alma do pobo."
Tamén che pode interesar:
- 25/ 4/ 2017 | Desde O Incio chega o novo disco de Vizcaíno
- 3/ 7/ 2009 | Coanhadeira presenta o seu primeiro disco Haique
- 16/ 6/ 2008 | O grupo Few Days Later gaña o certame 100 Pipers
- 15/ 5/ 2008 | Xarín volven á actualidade discográfica oito anos despois do primeiro disco
- 16/ 4/ 2008 | Ophiusa saca ao mercado o seu primeiro disco