Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Coanhadeira presenta o seu primeiro disco Haique

O GRUPO OURENSáN INICIA A XIRA NA QUE TEñEN XA DEZAOITO CONCERTOS COMPROMETIDOS

Coanhadeira presenta o seu primeiro disco Haique

FOLK | xullo 3, 2009

not_15041.jpg

Cunha festa- concerto no Café Grándola de Ourense celebrará o grupo Coanhadeira este sábado a saída do seu primeiro disco HAIQUE. A formación inicia tamén con esta actuación a xira de presentación deste traballo que xa ten 18 concertos fechados para este verán. O grupo está formado por Patrícia López, voz e pandeireta; Xerardo Quintela, acordeón; Xesus Pérez ”Chechu”, gaitas, whistle e zanfona; Marco Pérez, batería e percusións; Óscar Freire, gaitas e saxos e Fran X. Gómez, clarinete e guitarra. Xurde primeiro como grupo de “gaiteiros”, partindo dunha base eminentemente tradicional e baseándose na recollida da tradición musical popular. HAIQUE recolle o principal do repertorio do grupo dende a súa formación, con renovacións de arranxos nalgún caso, e conta coas colaboracións de Guadi Galego e Fonso “Skarnio”. O grupo está detrás de todos os procesos que levaron a sacar HAIQUE, dende a pre-produción, a idea orixinal ( plasmada por Heitor Real), até a mestura e seguramente a distribución. Asemade Coanhadeira xa está a preparar os temas do que será o seu segundo traballo, con data prevista de saída a comezos do 2010.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
O FiadeiroLicenza
datos do disco