A Roda celebra 40 anos co seu primeiro disco ao vivo
decembro 19, 2017
Tiveron que pasar catro décadas de traballo para que o grupo vigués A Roda se decidise a publicar un álbum en directo. Agora, a conmemorar eses corenta anos de traballo, a formación acaba de presentar A Roda Live / A Roda ao vivo en Ortigueira, un álbum que recolle a actuación que realizou no Festival Internacional do Mundo Celta deste 2017. Xan Barcón, David Cabaleiro, Alfredo Dourado, Christian García, Alex Nores e Manoele de Felisa, a actual formación co combo, achegan ao volume dezaseis temas clásicos da banda canda a catro inéditos, cos bonus tracks de estudio 40 anos máis e Os cabaleiros da roda, da man de Inquedanzas Sonoras.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 5/ 2014 | A Roda marca un punto de inflexión co seu novo disco
- 11/ 4/ 2014 | Os d´abaixo debutan Ao vivo en Lorient
- 17/ 1/ 2006 | O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio
- 4/ 12/ 2003 | O grupo folk Fía na Roca celebra os seus dez anos gravando un disco ao vivo en Compostela