Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A subvención da deputación de Pontevedra á Banda de Gaitas volve a enfadar á Asociación de Gaiteiros
A subvención da deputación de Pontevedra á Banda de Gaitas volve a enfadar á Asociación de Gaiteiros
maio 9, 2005
O chamado conflicto das gaitas ten un novo capítulo. A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha subvención por importe de 90.000 euros para a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra. Un feito que vén de alimentar o lume entre a entidade e a Asociación de Gaiteiros que acusa de fomentar a penetración da gaita escocesa no noso país. No comunicado remitido polos gaiteiros cuestiónase que esa partida “sexa o camiño axeitado para o ensino da música tradicional”. O novo comunicado chega logo de que os gaiteiros romperan coa tregua pactada hai dúas semanas.
Máis información na edición de hoxe de La Opinión e sobre o conflicto na nosa hemeroteca
Tamén che pode interesar:
- 2/ 10/ 2015 | Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional
- 4/ 12/ 2014 | A Asociación de Gaiteiros celebra os seus 25 anos
- 4/ 4/ 2014 | Xosé Lois Foxo disolve a Fundación Real Banda de Gaitas que creou hai dous meses
- 14/ 5/ 2008 | Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra
- 21/ 9/ 2007 | A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas