Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Xosé Lois Foxo disolve a Fundación Real Banda de Gaitas que creou hai dous meses

A DEPUTACIóN áBRELLE AO DIRECTOR DA FORMACIóN UN EXPEDIENTE INFORMATIVO

Xosé Lois Foxo disolve a Fundación Real Banda de Gaitas que creou hai dous meses

FOLK | abril 4, 2014

imaxe non dispoñible

Escasos dous meses. Ese é o tempo que durou a Fundación Real Banda de Gaitas creada por Xosé Luís Foxo para preservar o seu traballo personal feito a prol desta entidade que financia a Deputación de Ourense. Tal e como publica o xornal La Región, é o propio Foxo quen deu de baixa esta fundación o pasado mércores. Polo medio houbo unha xuntanza de Foxo co presidente da Deputación, Manuel Baltar Blanco, acontecida tras un pleno no que se debateu sobre a creación desta entidade. Segundo este mesmo xornal, abriuse un expediente informativo a Foxo debido a que o nome e o financiamento desta entidade son propiedade da administración provincial.