Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Inquedanzas Sonoras recupera a voz de Manuela Cortizo

XOSé LOIS FOXO ACHEGA UN ESTUDO SOBRE A SúA FIGURA NO LIBRO-CD-DVD CANTAREIRA DE BARRO DE ARéN

Inquedanzas Sonoras recupera a voz de Manuela Cortizo

FOLK | marzo 25, 2013

Manuela_Cortizo_cantareira.jpg

Con 82 anos de idade, Manuela Cortizo Medal acumula unha intensa experiencia como cantareira. Agora, da man de Inquedanzas Sonoras, ve a luz Cantareira de Barro de Arén, un libro-CD-DVD que recolle un estudo sobre a súa figura da man de Xosé Lois Foxo. Cantos de ronda, xotas, muiñeiras, mazurcas, cantos de oficios e romances danse cita nun disco que amosa preto de oitenta pezas interpretadas por Cortizo unicamente coa súa voz e a pandeireta. Sobre a mesma cantareira xa publicara Calros Solla unha compilación de máis de mil coplas co título de Cantares de Manuela de Barro

datos do disco