Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas
A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas
setembro 21, 2007
O deputado provincial e ex-alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acusou de sectarismo ao actual goberno local cangués por rexeitar o servizo da Escola de Gaitas da Deputación. Noutro episodio deste enfrontamento entre visións contrapostas da didáctica da tradición musical Sotelo asegurou que, pese a non dispor das instalacións municipais , o prazo de matrícula segue aberto e xa hai conversas para conseguir un novo local para as clases. Sotelo asegurou que de manterse a demanda por parte dos alumnos o curso seguirá adiante aínda que non dispoñan do Auditorio. Este é o segundo desencontro da deputación no tema das escolas de gaitas, hai dous anos romperon relacións coa Asociación de Gaiteiros galegos polo mesmo asunto.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
Tamén che pode interesar:
- 20/ 9/ 2007 | Cangas rexeita a escola de gaitas da Deputación de Pontevedra
- 13/ 10/ 2005 | Unha nova falta de acordo deixa a Asociación de Gaiteiros Galegos fora dos cursos da Deputación de Pontevedra
- 7/ 6/ 2005 | Un acordo pon fin á “guerra das gaitas” que enfrontaba a Asociación de Gaiteiros Galegos coa Deputación de Pontevedra
- 20/ 4/ 2005 | A Asociación de Gaiteiros Galegos oponse ao ensino do modelo escocés nas novas escolas de gaitas da Deputación de Pontevedra
- 23/ 4/ 2001 | As gaitas soarán en Madrid e no Courel e o coro Albae Sonus amenizou Ferrol