Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional

A ASOCIACIóN DE GAITEIROS CELEBRA MAñá ESTE ENCONTRO

Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional

FOLK | outubro 2, 2015

imaxe non dispoñible

A gaita de fol, o pito galego, o coro Cántigas e Aturuxos, publicacións sobre diferentes mestres da tradición ou mesmo unha intervención sobre gaitas eslovacas. As III Xornadas Arredor da Música Tradicional que celebra mañá en Pontevedra a Asociación de Gaiteiros Galegos veñen cargadas de reflexións e análises sobre o noso patrimonio sonoro. O encontro desenvolverase nesta ocasión na Casa das Campás, e contará coa presenza de investigadores como Moisés Quintas, Paulo Gonçalves, Ramón González ou Juraj Dufek e Miroslava Dufeková.