Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pancho Álvarez e o dúo Caamaño & Ameixeiras parten como favoritos nos XXI Premios Opinión

O CUARTETO CARAMUXO, XOáN CURIEL E ÁLVARO IGLESIAS SéGUENLLES NO NúMERO DE CANDIDATURAS

Pancho Álvarez e o dúo Caamaño & Ameixeiras parten como favoritos nos XXI Premios Opinión

FOLK | febreiro 22, 2022

imaxe non dispoñible

Mellor disco (Cordas históricas), mellor tema orixinal (Versos na pedra) e mellor artista. Estas son as tres candidaturas que Pancho Álvarez acumula na vixésimo primeira edición dos Premios Opinión da Música de Raíz. Comparte ese número co dúo Caamaño & Ameixeiras, que optan tamén a mellor disco (Aire!), mellor tema orixinal (Mercedes y dolores) e mellor adaptación dun tema tradicional (Maneo de Cambre).

Canda a eles, destacan as dúas candidaturas do Cuarteto Caramuxo a mellor disco por Reviravoltas e mellor adaptación, con Santa Porta Cuarteto. O mesmo número acadou Xoán Curiel polo seu álbum Treides comigo! e mais como mellor artista, e Álvaro Iglesias, tamén nominado nesta última categoría e para a mellor adaptación dunha peza tradicional polo seu Pasarrúas de Os trintas de trives.

O pato, de Xurxo Fernandes, completa as candidaturas a mellor adaptación dunha peza tradicional, mentres Ti Miña Flor de Rosa Cedrón e O Tío do Curruncho de Timparrantela compiten no apartado de mellor tema orixinal. Beatriz Martínez, a aspirar ao recoñecemento a mellor artista, fecha a listaxe de finalistas destes galardóns.