Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pancho Álvarez presenta Celtis Australis, quinto disco en solitario

O MúSICO CONTA COA COLABORACIóN DOS ESCRITORES SUSO DE TORO E MANUEL FORCADELA NAS LETRAS

Pancho Álvarez presenta Celtis Australis, quinto disco en solitario

NOVA ERA | setembro 7, 2017

not_27797.jpg

O músico porriñés Pancho Álvarez, coñecido polo seu virtuosismo nos instrumentos de corda da música tradicional e que formou parte ddos grupos Na Lúa ou Matto Congrio, saca mañá venres ao mercado o que será o seu quinto disco en solitario: Celtis Australis (Fol Música) do que xa coñecemeos o seu primeiro tema de avance : Outra mañá. Álvarez presenta neste traballo 17 temas propios nos que tamén canta as letras para cuxa escrita contou coa colaboración de escritores como Suso de Toro e Manuel Forcadela ademais de Magín Blanco. Para Celtis Ausstralis Pancho contou tamén coas colaboracións de outros músicos como Antón Seoane, Pablo Novoa, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente, Xurxo Núñez, Carlos Beceiro, Gutier Álvarez, David Migoya, Álvaro Vieito, Miguel Argibay, Álvaro Iglesias, Juan Álvarez, Maruxa Álvarez Solleiro e a voz de María Solleiro.

O título do disco, que se presenta en formato digipack, garda básicamente dous significados: por un lado pretende ubicar a Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos países celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e por outro é o nome botánico do árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos). Pancho Álvarez preséntanos un disco optimista, aberto e creativo no que se recollen ecos da nosa viaxeira historia musical e onde se encara modernidade e tradición coa mesma naturalidade.

datos do disco