Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen o Festival de Ortigueira

ZUMAQUE LEVOU O GALARDóN AO TEMA ORIXINAL E AO MELLOR ARTISTA E CARME PENIM O DE MELLOR ADAPTACIóN

Os Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen o Festival de Ortigueira

FOLK | maio 24, 2021

imaxe non dispoñible

A vixésima edición dos Premios Opinión de Música de Raíz celebrou na noite do venres 21 de maio a súa gala. Na mesma, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira recibiu o premio Andaina Senlleira en recoñecemento ao seu labor a prol deste tipo de música ao longo das súas trinta e cinco edición. No fallo, destácase que o encontro é "un referente no mundo festivaleiro" que "co paso dos anos o grande espírito lúdico e a calidade presente no escenario fixeron de Ortigueira un lugar moi especial e unha cita ineludible para moitas persoas". Os responsables do evento afirmaron a súa intención de recuperar a cita para o verán de 2022 logo da pausa motivada pola pandemia.

Canda ao galardón honorífico, o certame outorgoulle ao trío Zumaque dous galardóns, o de mellor tema orixinal, por Silván e o de mellor artista, que foi para Pablo Pascual.



Carme Penim, pola súa banda, foi recoñecida co premio á mellor adaptación dun tema tradicional pola súa versión de Aí ven o barco do mare.



O recoñecemento ao mellor disco, pola súa banda, foi para As catedrais silenciadas de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.



A gala contou coas actuacións de Lulavai e do Cuarteto Caramuxo, que adiantaron ao vivo algúns dos temas que incorporarán nos seus vindeiros traballos, previstos para este mesmo ano.