Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient
xullo 16, 2014
Óscar Ibáñez, o Cuarteto Caramuxo, o dúo Bellón & Maceiras, o grupo de baile Donaire e mais as bandas de gaitas Terra de Melide e Foula compoñen a representación galega no Festival de Lorient. O recoñecido encontro intercéltico de Bretaña celebrarase entre os vindeiros días 1 e 10 de agosto cunha edición centrada na música de raíz irlandesa. A delegación galega conta cun espazo propio en Facebook no que se dá conta das súas actividades, concertos e propostas ao longo do festival.
Canda a estes grupos, achegaranse á cidade bretoa os gaiteiros Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor para participar no coñecido Trofeo MacCrimmon dedicado a este instrumento.
Tamén che pode interesar:
- 25/ 6/ 2013 | Así soará Galicia en Lorient
- 6/ 8/ 2008 | Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient
- 29/ 7/ 2008 | Cinco agrupacións representarán á música galega no Festival Intercéltico de Lorient
- 26/ 5/ 2006 | Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient
- 28/ 6/ 2005 | Grupos galegos de folk súmanse ao Manifesto a prol da música de raíz da SGAE