Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient
Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient
maio 26, 2006
Hoxe é un bo día para os afeccionados á música. En Vigo arrinca a edición de primavera do Festival Sinsal coa presenza de Pan Sonic e Salvatore, mentres que en Vilagarcía comeza o Festival do Norte. Placebo, Écho&The Bunnymen, The Divine Comedy son o mais selecto dos catorce grupos dun festival que contará coa presenza de músicos galegos como Manuel Seixas, Neuroband ou Meu. Polo demais, Carlos Núñez e Susana Seivane asistirán a Lorient, o festival celta da bretaña francesa que se sucede do 28 de xullo ao 6 de agosto. E para que non estean sós enriba do escenario, a organización do festival está a gravar un vídeo para dar a coñecer a nosa paisaxe.
Máis información no web do Festival do Norte, no do Sinsal e sobre o de Lorient tamén no seu sitio web
Tamén che pode interesar:
- 10/ 4/ 2024 | Embaixada da musica galega en Lorient
- 15/ 10/ 2020 | Susana Seivane recupera nun disco os temas que interpretou durante o confinamento
- 14/ 9/ 2018 | Susana Seivane explora a maternidade en FA
- 17/ 4/ 2015 | O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega
- 22/ 4/ 2014 | O Festival Sinsal medra