Así soará Galicia en Lorient
xuño 25, 2013
O Festival Intercéltico de Lorient é o principal causante de que Galicia sexa máis coñecida na Bretaña que no resto de Francia. Este ano, coincidindo coa elección de Asturias como país convidado, producirase o maior desembarco galego. Oito solistas e grupos de música tradicional que achegarán unha visión do folk e música tradicional galega para o mundo. Escoita no interior da noticia como soará Galicia en Lorient.
Esta é unha escolma de temas de seis solistas e bandas que participarán en Lorient. Canda estes seis músicos, en Lorient participarán tamén o gaiteiro Edelmiro Fernández e o grupo de gaita, acordeón e percusión Taghaitai.
1. Asociación cultural Traspés (Vigo)
Grupo de música tradicional. Intervención en Luar.
2. Anxo Lorenzo
O gaiteiro moañés, ben coñecido polo público bretón, presentará o seu novo disco O'Con. Aquí podes escoitalo en Suite de Reels
3. Banda de gaitas de Forcarei
Aquí podes escoitar un tradicional pasacorredoiras desta emblemática banda.
4. Linho do Cuco
Videoclip do seu tema "Winner horse".
5. Pablo Seoane
6. Rodrigo Romaní
O harpista interpreta "Mi morena".