Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Grupos galegos de folk súmanse ao Manifesto a prol da música de raíz da SGAE
Grupos galegos de folk súmanse ao Manifesto a prol da música de raíz da SGAE
xuño 28, 2005
Membros dos grupos máis coñecidos do noso folk, coma Berrogüetto, Milladoiro, Quempallou ou Luar na Lubre, canda a outros coma Rosa Cedrón, Carlos Núñez ou Rodrigo Romaní son algúns dos asinantes do “Manifesta pola música de raíz” que presentaba onte a Sociedade Xeral de Autores e Editores en Oviedo. O texto reivindica o recoñecemento das figuras dos autores e dos intérpretes e reclama un salario xusto para os músicos deste xénero. Simultaneamnte coñecemos que as bandas Manxadoira, Xarabal, Xochilmica, Os Enxebres e Pepe Vaamonde entre outros representarán o noso país no XXXV Festival Intercéltico de Lorient, en Brataña, o vindeiro mes de agosto. No evento participarán, canda a eles, Susana Seivane e Carlos Núñez coma un dos cabezas do cartel.
Máis información sobre o manifesto da SGAE en Galicia Hoxe e en Faro de Vigo sobre Lorient no web do festival
Tamén che pode interesar:
- 15/ 1/ 2018 | Os gaiteiros lanzan o podcast semanal Rumboia
- 16/ 11/ 2016 | Espiño e Alejandro Vargas Trío impóñense no II certame Galicia Creativa
- 2/ 7/ 2014 | Fol Música ábrese aos sons do mundo
- 2/ 1/ 2013 | Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk
- 3/ 3/ 2008 | Os Premios Opinión premiarán traxectorias sobranceiras a prol do folk