Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk

FORA DIRECTOR DE FESTIVAIS COMO OS DE ORTIGUEIRA OU MOAñA

Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk

FOLK | xaneiro 2, 2013

imaxe non dispoñible

A morte sorprendía a Raúl Piñeiro o pasado 27 novembro na súa casa familiar de Alongos, en Toén. Produtor, manager e divulgador da música folk, Piñeiro desenvolveu un importante labor na difusión internacional dos sons de raíz galega, sendo un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña. Ademais, coordinou os congresos o Mundo da Gaita e deu a coñecer no noso país moitos dos músicos do folk irlandés e de Bretaña, onde tiña abondosos contactos.