Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono

UNHA HOMENAXE á óPERA ABRE O XOVES 19 O PROGRAMA

A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono

CLáSICA/LíRICA | setembro 18, 2013

imaxe non dispoñible

A Real Filharmonía de Galicia daba a coñecer onte a súa primeira temporada completa con Paul Daniel como director titular. Coa unión entre música e palabra como un dos eixes da programación, haberá recitais dedicados ao Egmont, de Beethoven, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, de Haydn, e un monográfico de Satie que se ofertará no Concerto de Reis. Entre os convidados da temporada destacan nomes como Christoph König, Günter Herbig, Clemens Schuldt, Oliver Díaz, Pablo Mielgo, Hakan Hardenbergerou Fabio Biondi entre outros. Tamén se anuncian concertos de pequeno formato para un público familiar e unha serie de encontros dos intérpretes co público, así como a gravación dun novo álbum da formación.

A programación inaugúrase cun concerto este xoves 19 de setembro no que, coa dirección de Oliver Díaz e coa presenza da soprano Mariola Cantarero e o barítono Simón Orfila, se repasará unha selección de clásicos da ópera. A seguinta cita será o 17 de outubro, nun recital coa soprano Isabel Rey no que Quico Cadaval actuará como narrador.