Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
xuño 27, 2018
O Auditorio de Galicia en Compostela acollía onte a presentación da nova temporada da Filharmonía de Galicia. Baixo o lema de Arquipélago de sons, os compositores ingleses protagonizarán os concertos de abono. Nomes como Ralph Vaughan Williams, Cecil Coles, Edward Elgar, William Walton, Frederick Delius, Malcolm Arnold ou Jonathan Rathbone, canda ás Sinfonías Londres de F. J. Haydn soarán nos 21 recitais de abono da orquestra. Canda a estes, a formación desenvolverá un total de 23 concertos en diferentes localidades galegas, con 10 actuacións en Vigo, 4 en Ferrol, 2 na Coruña, 2 en Ourense, 2 en Lugo e 1 en Pontevedra, así como un concerto en outubro no Auditorio Nacional de Música de Madrid.
A temporaba abrirá o vindeiro 27 de setembro coa versión concerto da ópera O holandés errante de R. Wagner, que dirixirá Paul Daniel en coprodución coa Asociación de Amigos da Ópera de Vigo e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. A formación ademais conmemorará os 60 anos do falecemento de Andrés Gaos coa encarga ao compositor Joám Trillo de versións orquestadas de cancións deste autor. A orquestra presentará cunha minixira un CD en homenaxe ao compositor ferrolán José Arriola e encargará ademais cadansúa nova obra aos creadores galegos Xabier Mariño e Adrián Saavedra.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 9/ 2013 | A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono
- 26/ 9/ 2008 | Música sacra inaugura na Catedral de Santiago a temporada da Real Filharmonía
- 23/ 7/ 2008 | A Filharmonía dará trinta concertos na súa nova temporada
- 12/ 9/ 2007 | A Real Filharmonía de Galicia presenta unha nova temporada na que consolida o seu repertorio propio
- 16/ 10/ 2006 | A Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono despois da primeira xira americana