Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música sacra inaugura na Catedral de Santiago a temporada da Real Filharmonía
Música sacra inaugura na Catedral de Santiago a temporada da Real Filharmonía
setembro 26, 2008
A catedral de Santiago abrirá as súas portas esta noite (21:00 horas) para acoller unha das grandes citas da temporada: o concerto de apertura da temporada da Real Filharmonía de Galicia. O acto conta cun programa de música sacra de Mozart (Sinfonía número 33 e Misa en Do maior, kV337) e será dirixida por Antoni Ros Marbá, un especialista na execución das obras do compositor salzsburgués. A temporada conta con numerosas citas relevantes nas que destacan o concerto que compartirá coa Sinfónica de Galicia (30 de outubro) ou a visita do director David Atherton, xun to co pianista Paul Crossley nun monográfico a Igor Stravinsky (16 de outubro).
Tamén che pode interesar:
- 22/ 6/ 2023 | A Real Filharmonía dedica a súa nova temporada ás Migracións
- 7/ 2/ 2022 | Paul Daniel deixa a dirección da Real Filharmonía de Galicia
- 8/ 10/ 2020 | A Real Filharmonía de Galicia comeza a temporada cunha estrea mundial
- 2/ 7/ 2015 | Inícianse as tempadas de música clásica
- 30/ 4/ 2015 | Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia