Ti estás aquí > Inicio / / Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
abril 30, 2015
Programa de altura e orixinalidade esta noite no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Co gallo do Día Internacional do jazz, o trío Abe Rábade ofrecerá un concerto acompañado da Real Filharmonía de Galicia. As formacións interpretarán sinfonías de Aaron Copland e Kurt Weil na primeira parte. Na segunda, os asistentes poderán escoitar as pezas de jazz escritas para a ocasión por Abe Rábade, baixo o título de Tránsitos.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 7/ 2015 | Inícianse as tempadas de música clásica
- 12/ 11/ 2014 | A Coruña énchese de jazz co Jazzatlántica
- 4/ 8/ 2009 | A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto
- 11/ 3/ 2008 | Abe Rábade reivindica a actualidade de Rosalía en chave de jazz
- 2/ 10/ 2007 | Abe Rábade representará ao jazz de España nos premios europeos Eurodjango