Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Rodrigo Romaní foi o gran vencedor dos XII Premios Opinión de música folk

LUAR NA LUBRE RECIBIU O PREMIO AO MELLOR áLBUM POR MAR MAIOR

Rodrigo Romaní foi o gran vencedor dos XII Premios Opinión de música folk

FOLK | maio 27, 2013

imaxe non dispoñible

O sábado celebrouse no Teatro Rosalía da Coruña a gala de entrega dos XII Premios Opinión de Música Folk. Un certame no que Rodrigo Romaní fixo dobrete cos premios a mellor canción (por Terra de Melide) e mellor artista do ano. Luar Na Lubre recibiu o premio a mellor disco galego de folk polo seu traballo Mar Maior. Pablo Barreiro Rivas, director do arquivo sonoro da Radio Galega e compositor, recibiu tamén o Premio Opinión Andaina Senlleira. As cantareiras Taravela, un grupo da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e a reaparición de Dhais, que homenaxeou aos finados César Morais e Luís Areán, completaron as actuacións musicais desta gala.