Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival do Norte volta a Vilagarcía os días 17 e 18 de maio

TOY, THE PRIMITIVES, XOEL LóPEZ OU DORIAN PARTICIPARáN NO EVENTO

O Festival do Norte volta a Vilagarcía os días 17 e 18 de maio

MISCELáNEA | abril 10, 2013

festival_do_norte_2013.jpg

Finalmente haberá Festival do Norte en Vilagarcía. Malia aos problemas da organización do Concello, o evento terá unha nova edición os días 17 e 18 de maio no recinto ferial de Fexdega e contará cun cartel que encabezan Xoel Lopez, Toy, The Primitives, Dorian e We Are Standard. Canda a eles, confírmase a presenza de grupos como Delorentos, Sr.Chinarro, Guadalupe Plata, Estereotypo, Pedrito Diablo y los Cadáveras. Os bonos para asistir están xa á venda.