Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival do Norte anuncia seis actuacións confirmadas do seu cartel

CARA AO NORTE

O Festival do Norte anuncia seis actuacións confirmadas do seu cartel

MISCELáNEA | xaneiro 15, 2008

not_11382.jpg

A cita de Vilagarcía coa música moderna encarnada no Festival do Norte vai tomando cor para este ano. A organización do evento ven de facer público a parte do cartel que xa ten confirmada. Así xa se coñece que polos palcos do festival pasarán os grupos españois La Habitación Roja, Dorian, Facto de la Fé y las Flores Azules, Humbert Humbert e Standard; da escena internacional xa está confirmados os escoceses 1990's. O festival terá lugar no recinto de Fexdega en Vilagarcía os vindeiros 16 e 17 de maio e xa están á venda as entradas de abono cun prezo especial ata o 15 de marzo nos servizos de venda telefónica e por Internet de Caixanova. O cartel aínda non está completo e a organización irá confirmando novas actuacións en vindeiras semanas.